EU ANDO,
TI ANDAS,
NOS ANDAMOS...
Anda queeee...!! Foi corta a camiñata, todo o mundo pedía máis, e máis, e máis...
Non podemos queixarnos, o tempo respectounos moito e ata houbo algún atrevido/a que se meteu no mar. Querían darlle unha boa despedida ao verán!
A verdade é que, coma sempre, estas camiñatas están moi ben: poder falar coa xente sen historias de clase, notas e demais. Poder ver paisaxes ben bonitas e, para algúns, incluso coñecer sitios novos do noso concello ou arredores. E, coma sempre (e hai que decilo) case todo o mundo tivo unha actitude estupenda e o ambiente xeral estivo moi ben. Eu polo menos, paseino estupendamente. Que se repita!!