17.5.20

Cantamos no mundo! Unha viaxe sonora pola Lusofonía a partir deste 17 de maio

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas 2020, propoñémosvos unha viaxe da man das músicas de raíz lusófona. Seguindo os pasos de Ricardo carvalho Calero, visitaremos lugares, xentes, culturas coas que temos ese vencello lingüístico.

O homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero, conta  cunha biografía apaixoante que acompañou os principais acontecementos do S.XX, vividos desde o Galeguismo político e cultural.
No ámbito literario destacou por ser un auténtico polígrafo, cultivando a poesía, o teatro, o ensaio, a narrativa (recomendámosvos a lectura de Scórpio, novela intrigante cun certo carácter autobiográfico, que en breve estará na nosa biblioteca)  O autor elaborou tamén a Historia da Literatura Galega, unha aportación central para establecer o noso canon literario. 
Xa no plano lingüístico, sen dúbida, destacou por plantexar unha aproximación ortográfica co portugués, dotando ao galego dun maior valor comunicativo a nivel internacional, integrándoo na Lusofonía. Esta proposta respecto da grafía da lingua é denominada Reintegracionismo.

Convidámosvos a entrar neste mapa sonoro elaborado co alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. 

A tod@s @s que participastes, foi un pracer traballar con vós e descubrir as artistadas que sodes quen de facer. Obrigadas!!





Departamento de Música
Departamento de Xeografía e Historia
Biblioteca escolar do IES Pedra da Aguia

#CarvalhoCarlero2020 #LetrasGalegas2020 #CarvalhoCaleroCamariñas