15.4.10

MUNDOS IMPOSIBLES (e V)
Para finalizar esta serie de entradas, xa que tamén rematamos este venres coa exposición, déixovos aquí outra tanda de "imposibles", os "alimenticios". A imaxe que ilustra esta entrada é de Arcimboldo (1527-1593), como outras que víchedes na exposición, e ten en común coa montaxe de aquí abaixo que ambas están realizadas utilizando materia vexetal. Como sempre digo, mirádeo cun pouco de calma, que son realmente curiosas... e imposibles!

14.4.10

MUNDOS IMPOSIBLES IV
Xa comentamos en entradas anteriores que os mundos que temos na exposición non son unicamente os de Escher, do que podedes ver aquí a obra "Metamorphose" completa (amplide a imaxe e mirádea con calma). Hai outras series de ilusións ópticas que xogan coa percepción, como esta montaxe de imaxes sobre mans, unha das que máis expectación crearon na exposición.
Mans
View more presentations or Upload your own.

13.4.10

MUNDOS IMPOSIBLES III
Seguindo coas "explicacións visuais" sobre a obra de Escher, deixo aquí outra "viaxe" arredor dunha das súas obras máis famosas, a Catarata. Podemos ver de novo como o punto de vista "único" desde o que nos presenta a imaxe crea un imposible, onde a auga cae, fai a súa viaxe e chega de novo ao punto de partida para caer outra vez, nun círculo sen fin... ata que 'viaxamos' arredor do debuxo.
Vemos así como sería na realidade se poidera exister en tres dimensións, e non en dúas, como é o papel no que está debuxada. Que vos guste!

12.4.10

M ND S MP S BL S II
Encántame o comentario de Laura na entrada anterior do blog, sobre a exposición e as imaxes de Escher. Penso que é ese o efecto que o autor quería das súas obras. Xoga o debuxante coa lóxica, cos planos e cos puntos de vista. Presenta situacións imposibles, que parecen reais unicamente desde o punto de vista exacto que nos propón, pero que en realidade son efectos ópticos. Este vídeo que vos deixo clarifica como sería unha das súas imaxes se puidésemos vela na realidade, facendo unha 'viaxe' arredor do edifició 'Velbedere', que é como se chama a imaxe.


e de paso practicade un pouco de inglés!