Encántame o comentario de Laura na entrada anterior do blog, sobre a exposición e as imaxes de Escher. Penso que é ese o efecto que o autor quería das súas obras. Xoga o debuxante coa lóxica, cos planos e cos puntos de vista. Presenta situacións imposibles, que parecen reais unicamente desde o punto de vista exacto que nos propón, pero que en realidade son efectos ópticos. Este vídeo que vos deixo clarifica como sería unha das súas imaxes se puidésemos vela na realidade, facendo unha 'viaxe' arredor do edifició 'Velbedere', que é como se chama a imaxe.
e de paso practicade un pouco de inglés!
1 comentario:
Pois a min encántame que che encante,jaja:)
Este video está moi ben, levache máis ala do debuxo!
Na esposición fixeime en todo o que dicía o papel intentando buscalo na imaxe!
Eso de prácticar inglés está ben, pero igual non me enterei de moito!:S
chau!
Publicar un comentario