19.6.20

CARLOS RUIZ ZAFÓN

O autor da triloxía da néboa e a saga do cemiterio dos libros esquecidos, faleceu hoxe en Los Ángeles.

Nacido o 25 de setembro de 1964 en Barcelona, Ruiz Zafón viviu a súa infancia nun piso próximo á Sagrada Familia. Este monumento e a súa cidade aparecen nas páxinas dos seus libros, poboados de dragóns, animais mitolóxicos tan queridos por Ruiz Zafón que contribúen ao aire de misterio da súa narrativa. El mesmo preséntase así na súa páxina web:
A miña afección aos dragones vén de longo. Barcelona é cidade de dragones, que adornan ou vixían moitas das súas fachadas, e témome que eu son un deles. Quizais por iso, por solidariedade co pequeno monstro, hai xa moitos anos que os colecciono e ofrézolles refuxio na miña casa, dragonera ao uso. Ao día de hoxe xa son máis de 400 criaturas dragonas as que fan o meu censo, que aumenta cada mes. Ademais de nacer no ano, por suposto, do dragón, os meus vínculos con estas bestas verdes que respiran lume son numerosos. Somos criaturas nocturnas, afeccionadas ás tebras, non particularmente sociables, pouco amigas de fidalgos e cabaleiros andantes e difíciles de coñecer.

Interesado polo cinema e a produción audiovisual, matriculouse en Ciencias da Información e empezou a traballar en axencias de publicidade. En 1992 comezou a escribir a primeira novela, “El príncipe de la niebla” (1993), que obtivo o premio Edebé de Literatura Xuvenil. Ao final deste post podedes ver a presentación que fixo Carla Valiña cando estaba neste Instituto en 2º de ESO. Este libro forma parte dá “Triloxía da néboa” que seguro que moitos de vós léstedes (“El palacio de la media noche”, “Luces de septiembre”) e que son libros moi apreciados por lectores xuvenís e non tan xuvenís.
En Estados Unidos viviu compaxinando o seu labor literario coa escritura de guións cinematográficos.  En 2001 publicou a súa primeira novela 'para adultos', “La sombra del viento”, que Ruiz Zafón presentou ao premio Fernando Lara 2000. Quedou finalista pero a Editorial Planeta decidiu publicala igualmente. Traducida a numerosos idiomas, a novela, cuxa introdución en España foi nun principio difícil e lenta, converteuse nunha das novelas españolas máis vendidas no mundo, con máis de 10 millóns de exemplares. Este libro forma parte da tetraloxía “El cementerio de los libros olvidados” que inclue “El Juego del ángel, El prisionero del cielo e El laberinto de los espíritus”.
A pesares das numerosas ofertas que recibiu, o escritor negouse a autorizar que “La sombra del viento” sexa levada á pantalla. Di non necesitar o diñeiro que iso lle daría, que considera que sería case como unha "traizón" facer dela unha película e que, polo demais, cre "que é imposible facer unha mellor película que a que un vai ver cando empezo a ler a novela"; por iso, "sería redundante, irrelevante e totalmente innecesario".
Ou autor abandónanos moi pronto, aos 55 anos, pero os lectores sabemos que non haberá que rescatar os seus libros do “Cementerio de los libros olvidados”.