29.1.10

POLA PAZ
Xa sabedes que na biblioteca non podemos deixar pasar este día, (30 de xaneiro, día da PAZ), así como así. Sempre defenderemos as ideas e as palabras e non as armas!
O grupo Fuxan os Ventos musicou hai anos un precioso poema de Celso Emilio Ferreiro, que podedes ver e escoitar aquí abaixo.

Non podo resistirme a poñer aquí unha das cancións máis utilizadas a favor da PAZ. Imagine (imaxina), desde que foi composta por John Lennon. E recorda que a PAZ empeza cos xestos máis pequenos e por nós mesmos e os que nos rodean.
You may say I'm a dreamer,
but I'm not the only one.
I hope someday you'll join us
and the world will be as one
se queres a tradución podes vela aquí.

27.1.10

SEGUEN AS DESAPARICIÓNS
Parece que ninguén se salva no instituto das malvadas intencións de Kyle, a pesar de que todos pensabamos que era un rapaz excelente cando chegou. O caso é que segue a xogar mortais partidas de xadrez... e os exames seguen sen aparecer. Pero parece que Kyle non está só, algún personaxe misterioso está detrás de todo o sucedido...
Entra na historia máis arrepiante do insti! (Pica no libriño que tes na columna da dereita).

25.1.10

GRANDES PATINADORES
Que non grandes patinazos!
Xa tedes en Pedras do Vilán un mostrario das fotos do día da saída de 1º e 2º a Betanzos e á pista de patinaxe sobre xeo.