SAFARI FOTOGRÁFICO
Xa estamos de volta de vacacións e tamén estamos voltando ás actividades. Non vos despistedes moito que xa sabedes que en breve haberá varias cousas ás que apuntarse. Unha ben bonita é o "Safari fotográfico". Imos prestar un pouco máis de atención ás belezas naturais que temos arredor: paisaxes, mar, animais, regatos, nubes... o que queirades. Logo xuntámolas e facemos unha exposición ben bonitiña. Non hai que ir moi lonxe, se nos fixamos un pouco veremos que neste lugar no que vivimos hai moitas cousas que pagan moito a pena.
Animádevos, fotógrafos!!
Podedes entegar as fotos na biblio (en canto se re-abra) ou podedes mandalas á seción de contacto deste blog.