Un grupiño de frikis e frikas do instituto, baixo a dirección do profe máis artista, deron en facer este Fanzine, A Voz da Aguia, que seguro que terá máis números en vindeiros cursos.
A verdade é que lles quedou moi ben. Igual o próximo curso se animan a continuar e eu diría que incluso deberían facer unha edición a cor e vendela, que seguro que hai clientela abonda. Os de primeiro, cando me viron chegar con ela a clase, xa preguntaban como conseguila, así que xa sabedes, hai que seguir.
E os autores/as xa saben que no que queiran facer a biblio colaborará en todo o que poida, que para eso estamos, oiga. Ademais é que saíron moi guapos na foto...
Para que vexades o que fan deixamos aquí a fotonovela publicada. Tede coidado os que padezan do corazón, que da moito medo!