Como ilustrarías un poema de Gloria Fuertes, da que este
ano se celebra o centenario do seu nacemento,
ou un texto de Carlos Casares, a quen se lle adica o Día das Letras
Galegas?
Lara
González
(1ºA), Laura Caamaño (1ºB) e Noemi
Lobelos (3ºA) aceptaron o
reto e presentaron ó concurso “Ilustrando palabras” carteis orixinais e
creativos , nos que traduciron en imaxes persoais o que as palabras destes dous
autores lles inspiraban. O seu traballo e as súas ideas tiveron recompensa e alzáronse cos
premios do concurso, pero houbo moitos traballos interesantes, nos que os
alumnos deixaron voar a súa imaxinación, dándolle vida e cores as palabras. A continuación presentamos os carteis realizados polos alumnos: