RECOMENZANDO
Xa estamos un ano máis "ao pé do canón". Empezamos un novo curso, cos desexos e esperanzas case sen estrear e cos nervios propios do día:
- Con quen me toca?
- Quen é o meu titor?
- Será moi difícil?
- Iremos de excursión?
- Aprobarei todo?
Pois nada, ánimos a todos e todas, que seguro que teremos moi bos momentos e, ante todo, BENVIDO o novo alumnado que chega este curso. E benvidos tamén os seus familiares, cos que queremos ter boa colaboración. O instituto, e especialmente a Biblioteca, esperamos que estedes moi ben entre nós e que fagamos moitas cousas xuntos.
Aquí vos deixo unhas imaxes do día da presentación. Mirade a ver se alguén ten cara de susto!?
Presentación 1º 12-13 - presentacion imagenes