13.4.10

MUNDOS IMPOSIBLES III
Seguindo coas "explicacións visuais" sobre a obra de Escher, deixo aquí outra "viaxe" arredor dunha das súas obras máis famosas, a Catarata. Podemos ver de novo como o punto de vista "único" desde o que nos presenta a imaxe crea un imposible, onde a auga cae, fai a súa viaxe e chega de novo ao punto de partida para caer outra vez, nun círculo sen fin... ata que 'viaxamos' arredor do debuxo.
Vemos así como sería na realidade se poidera exister en tres dimensións, e non en dúas, como é o papel no que está debuxada. Que vos guste!

1 comentario:

CLaRaa dijo...

OLaa!!

Bueno, ultimamente non ando muito por aqui...
Ésta foto xa non me engana mais :P é imposible que a auga faga ese recorrido.
Buenoo nada mais. A ver si paso mas veces.

ChaO!