21.1.10

NON IMOS IR CARA ATRÁS
Hoxe en Santiago xuntámonos moita (pero moita moita moita) xentiña cunha idea moi clara: non queremos dar un só paso atrás no que levamos gañado co galego nestes últimos anos.
Non queremos unha norma que cree un problema de linguas onde non o había e que na práctica suporía un retroceso do galego (outra vez) fronte ao castelán... e ao inglés!!
Deixo aquí unhas fotos como mostra do que pasou en Santiago e este enlace a un "decálogo" que anda a percorrer as Bibliotecas Escolares que mostra ben ás claras que non estamos contra ninguén, pero que non estamos dispostos a sufrir 'rebaixas' no noso.

3 comentarios:

Ronsel dijo...

Moita máis xente da que recoñeces, como adoita suceder. Foi un éxito!

Filipe Luis dijo...

Certamente, como se suele dicir en idioma da rua, taba petado, pero petadisimo! (axudou que non chovese)

Claus Patera dijo...

Foi moi emocionante ver tanta xente nova.