Digo esto porque hai algunhas que non paran de dar a vara con que certos libros tardan en chegar á biblio: este da foto e algún outro de temas similares. Vese que aínda quedan polos corredores certos aires procedentes de San Valentín...
O caso é que xa teño eu curiosidade por ler os libros de Moccia, por aquelo do candado do amor, pero non podo porque non paran quietos nos andeis da biblio! Chamoume a atención, mirando por riba do ombreiro dunha lectora, que aparecían no primeiro libro os versos dunha canción da miña época (Moccia debe ser case tan prehistórico coma min), dun tal Cat Stevens (que traía toliñas ás mozas) e que falaba da rebelión dos xoves. Podedes velo aquí debaixo, e a letra da canción aquí. Saúde, lectoras!
2 comentarios:
OLaa!!
Bueno,, pois unha desas rapazas tan toliñas son eu, que son unha gran lectora :)
Jajaja, e que sepas Emilio, que mañan vou por un deles a biblio! :)
Ahora vou ver o video ese que puxestes..
Xa acabei de ver o video, non o entendin todo , pero está ben. Eu reconozo , a min gustanme outras cancions, pero ,, debese de escuitar un pouco de todo , non si? :)
Bueno, eu vouvos deixando,,que comenten os demais :)
ChaO!
Publicar un comentario