3.3.10

2010 ANO do LIBRO e a LECTURA
Este ano, que hai non tanto que estreamos, foi declarado pola Xunta de Galicia como ano da lectura. Evidentemente a nós parécenos de perlas, aínda que, curiosamente, sexa o ano en que temos menos cartos para os clubs de lectura que funcionan no instituto.
Na biblioteca sempre pensamos, ano da lectura ou non, que un libro nas mans fai que moitos disfrutemos de miles de historias e, ademais, sabemos que un libro sempre axuda a facernos mellores persoas.
Hoxe en día non só se le nos libros, lese en moitos tipos de pantallas, e benvidas sexan. Pero non olvidemos o valor da lectura impresa, en negro sobre branco, que é a que permite máis reflexión, cunha maior tranquilidade. Aquí vos deixo un enlace a un artigo estupendo, de Manuel Area, que deberiades ler, sobre todo os novos. Saúde e libros!

4 comentarios:

CLaRa! dijo...

OLa!

Bueno, pois alegrome de que este ano sexa o ano da lectura.Eu xa recollín un deses marabillosos libros da biblio que tanto tempo levo pedindo :) e xa o empecei, está a gustarme muito! :)

Bueno, pois que comenten os demais , que eu sempre deixo o meu comentario :D!



ChaO!

Laura dijo...

Eh, non te olvides de min que eu sempre intento deixar un comentario!

clara dijo...

jajaja, vale Laura :D

Temos que conseguir q firmen mais neste blog ;)

Laura dijo...

Si e verda!!
pero bueno obligalos non podes!
...EN MI VIDA NO HAI MÁS SALIDAS....!
JAJAJAJ