29.1.21

Xaneiro: emocións, lecturas e benestar


Este mes de xaneiro dedicamos o noso tempo de lectura nos distintos clubes a reflectir sobre as relacións humanas e as emocións en distintos momentos da vida dunha persoa, nomeadamente na adolescencia. Fixémolo a través da lectura dos que podemos considerar xa, clásicos populares por aclamación, con historias que gustan e funcionan na nosa biblioteca, e non só.

Deste xeito, destinamos un tempo e un espazo para co pretexto da lectura, compartir experiencias similares ás dos relatos cos que traballamos. O medo, o amor, a ira, a alegría... saíron en primeira persoa nos nosos clubes e colorearon unhas conversas, que concluíron en que a vida emocional é a base do noso benestar. Neste sentido, de xeito lúdico e informal, tivemos a oportunidade de tocar o obxectivo nº3, saúde e benestar, dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable establecidos pola ONU como a axenda para 2030.

No club de 1ºESO conversaron sobre As lágrimas de Shiva de Ceésar Mallorquí:

http://clublecturaarao.blogspot.com/2021/01/las-lagrimas-de-shiva.html 

No club de 2ºESO, traballouse o título El príncipe de la niebla de C. Ruíz Zafón:

http://clublecturaarao.blogspot.com/2021/01/el-principe-de-la-niebla.html

E o alumnado de 3ºESO, leu O vixía no centeo de Salinger:

http://clublecturaarao.blogspot.com/2021/01/o-vixia-no-centeo.html





No hay comentarios: