Un 'Blog' ou 'web log', como se lle chamaba nun principio, é unha especie de diario, ao xeito dos 'cadernos de bitácora' dos barcos, onde o Capitán anotaba as incidencias importantes que ían sucedendo mentres navegaba.
Aquí, nos blogs, o Capitán, (neste caso o editor do blog) vai deixando ver as súas inquedanzas, ou simplemente mostrando aquilo que lle interesa e tamén recollendo opinións que os demais, navegantes da rede, poden deixar cando len o que o blogger escribiu.
No noso caso temos este blog para informar de aqueles acontecementos que teñan relación coa biblioteca, as súas novidades, as actividades previstas, etc.
Hai un blog paralelo -tes o enlace na columna da dereita- chamado ¡Alerta Lectores! onde podes ir anotando as túas impresións sobre os libros que alí vaian aparecendo. Anímate, verás como entre todos/as podemos ir sacando isto adiante. Tamén podes mandar as túas suxerencias a este enderezo de correo
No hay comentarios:
Publicar un comentario