26.2.07

GRAN BATALLA NA BIBLIO

Comezou xa o I Torneo de Xadrez "Escaques". Os participantes enfrontaranse en varias rondas, seguindo o denominado "sistema Suízo", que emparella aos contrincantes segundo a puntuación que van obtendo ao longo das diferentes partidas.
Xa vedes que a concentración é máxima. Incluso, se vos fixades ben, veredes uns fíos de fume saíndo polas orellas dalgún.
De momento temos máis homes que mulleres, pero as féminas xa ameazan con que o ano próximo pensan dar moita batalla. Se queres ver maís, pica aquí.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gustoume moito este torneo de escaques gustariame ter algo polo estilo po ano e ademais serviome para aprender a xogar mellor felicito o que tivo a idea