16.4.07

Tonecho no Insti

Non foi exactamente Tonecho o que nos visitou hoxe no Insti, pero si o "culpable" de todas as que lle pasan a Tonecho.
Estivo con nós Breogán Riveiro, o autor que creou este personaxe e as súas aventuras. Veu falar cos de 1º, que o pasaran xa moi ben lendo o libro e agora pasárono outra vez moi ben falando co escritor.
Houbo unha chea de preguntas e a charla foi moi animada, tanto que tivemos que poñerlle freo e dar por rematado o encontro antes de que Breogán quedase coa gorxa reseca. Claro que a el encantoulle que houbera tanta participación e que a xente se animase a facer as súas preguntas. Gustoulle moito tamén a 'decoración' da biblioteca, que tiñamos grazas aos de PCA e á xente de alternativa de primeiro. Se queres ver o ambiente que había pica na foto.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O encontro con Breogán Riveiro estivo moi ben. Aos alumnos e alumnas gustoulles, aínda que algún só quería preguntar para "perder clase"... É unha mágoa que algúns rapaces e rapazas non poidan asistir polo seu comportamento ou desinterese.