10.12.07

NOVA PUBLICACIÓN

acaba de saír o número 0 dunha nova publicación no insti: O REXUBEIRO. Polo módico prezo de 0'50 € podedes ter información fresquiña, de primeira man, sobre o que acontece no IES, sobre a música que vos gusta, as series, os actores... e os rexoubos!!
Un pequeno grupo de alumnas/os forma o 'consello de redacción', encargado de darlle forma á revista. Elas e eles poden escribir artigos no rexubeiro, faltaría máis, pero, sobre todo, son os encargados de recoller as vosas colaboracións e darlles forma para que poidan sair na revista.
Asi que xa sabedes: animádevos a colaborar cos vosos textos, a falar das cousas que vos gustan. Imos facer que entre todos e todas a revista teña moita vida e que os seguintes números sexan cada vez mellores!
Benvido Rexubeiro!!

2 comentarios:

lector1 dijo...

Non sei se quedar coa "da saliva" o a "do piano", pero eu me pregunto: como escribirán estas periodistas/os en clase de literatura(s),se a xinmnasia ou a música lles inspira estas metáforas?
E creo que, en música, aínda van polo barroco. Que pasará co Chopin e Cía?

martinez dijo...

feliz navidad e po ano que ben que non poñan tantos traballos