Unha semana movida
Esta semana foi bastante movida no Instituto, xa que coincidiron dúas actividades consecutivas. Os de 1º e 2º foron a ver teatro a Santiago. Foron o día 29, xoves, debido a un cambio de datas da compañía de teatro. E o día 30 foron alumnos/as de todos os niveis á competición de campo a través que se organiza en Cee.
Podedes saber máis de todo isto visitando a sección "Outras actividades"
6 comentarios:
si estuveron moi ben as excursións un saúdo michael
Un apéndice do Hamlet: hai unha "afoto" onde a Tamara se lle imita un algo á Ofelia, pero a Gabriela tenche pinta de ser o espectro "megacabreado"? Nonsi, Gabri?
E,por certo, michael: outro saúdo!
Un apéndice do Campo a Través: Lidia e Sara, como facedes para ir "pegadas" tamén no Atletismo?
Outro apéndice do Campo a Través: Noemi, xa sei que estás botando de menos a 1ºB, pero non é necesario que se note tanto! Ti xa sabes que o espíritu do Juan Manuel sempre nos acompaña!!
Estuberon genial!
sara 2ºc, ti tamén es genial e, ademais, escribes "por un tubo", pero xa che dixo alguén un día que, onde "estuveron" amantes sempre quedarán brasas. Nonsí?
Publicar un comentario