E ás veces confundimos misterio e perigo, pero ese che é outro conto. Aquí nos limitaremos a falar de misterio. O misterio dun bo libro. Por que non deixarse atraer por un libro?
Indo máis aló: por que non deixarse amar por un libro. Realmente pode chegar a chuparnos o tempo, a sentilo parte de nós…, ou estarei esaxerando moito?
Vedes o expositor da biblioteca, alí onde os libros (e tebeos, revistas, dvds...) chaman por vós…
Estes día anda por alí un libro sobre vampiros. Sobre eses entes chupoteiros e de mala fama. Eso é graciñas á imaxe hollywoodense dun vampiro que tedes na vosa cabeciña, porque, postos a pensar, por que teñen que ser malos? Non pode haber algún vampiro bo?
Píllache o libro e averigua quen é o Edward e por que misteriosa razón resulta tan atractivo.
E lembrao, se na páxina vinte non te prendeu a súa lectura, podes deixala. O abandono da túa parella (sen pensalo), pode ser fatal, pero deixar un libro que non gusta é un exercicio de libertade intelectual.
Este libro, que parece que ten éxito, é parte dunha serie creada por Stephenie Meyer. Que decides? Seguimos co resto dos títulos da serie? Podes enterarte algo mais visitando esta páxina