¡Cumprimos 10 anos!
Alá polo 1998 empezaba a súa andaina este Instituto, aínda cos albaneis traballando dentro. Desde aquela son, sodes, moitos os que pasáchedes por aquí, alumnos e profesores. Non sempre é posible recordar todos os nomes, pero todos tedes un pequeno oco na historia deste centro. E gustaríanos pensar que tamén levades un pequeno anaco do instituto con vós.
O xoves 18 celebramos o aniversario por todo o alto, cunha chea de actividades pola mañá e cunha convivencia moi agradable pola tarde, entre alumnos, familias e profesores. Que gustazo ver o instituto cheo de xente!
Na celebración repasamos, de xeito moi resumido, os 10 anos de funcionamento, a xeito de recordatorio simbólico de todo e de todos.
Desde a biblioteca, queremos darlle as gracias especialmente a aqueles que sempre estiveron dispostos a botar unha man para conseguir que funcione do mellor xeito posible. Graciñas.
E como aperitivo, ademais do aparecido na Voz de Galicia, deixamos aquí unha pequena mostra da celebración. Seguirán máis, así que atentos.
Actividades Pavillón |
No hay comentarios:
Publicar un comentario