17.3.08

AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Co comezo das vacacións comezaron tamén as andanzas dunhas mochilas, viaxeiras, que teñen o estraño gusto de ir de casa en casa, levando no seu interior unhas mostras dos materiais que a biblioteca pode ofrecer ao alumnado e ás súas familias.
Trátase de favorecer a lectura entre o alumnado e nas familias do alumnado. Queremos favorecer os hábitos de lectura e intentar que todos disfruten deste pracer e tamén, por que non, do pracer de falar do lido e do visto. Queremos que pais e fillos poidan intercambiar os pareceres, as opinións, as ideas e os sentimentos que estas lecturas poidan producir. Non podemos, nin queremos, esquecer que gran parte da nosa futura personalidade moldéase dependendo das lecturas que fagamos.
Doutra banda, as mochilas viaxeiras son unha forma de facer visible a biblioteca fóra do instituto e de animar ás familias a usar os seus servicios.
Boa viaxe!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

e lojo eswto que e??? un chiste?

Sara 2ºC dijo...

Para min que este anónimo me soa...

Bonitas mochilas, quedaron muy chulas o día das vacacións (que é cando as vin)


Bueno Emilio mu bonita la página hehehe.... Eu vonche estudiar para o control de mañán de inglés (mira que ter un examen hoxe e outro mañán e saber que son os primeiros días do terceiro trismestre... Meu deus!)


Hugs!!!! :p

arao pequeno dijo...

Ola eu xa teño unha conseguina...!!!

E de veras...estan chulisimas...!!!

cando me dixeron que a fora a buscar,fun...(pero antes comin o bocadillo:)jeje).

e non esdta mal...eso tiñase que repetir este ano,pra o que ben,o que ben....e así todolos anos...!!!


VIVAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS...!!!

E A AVENTURA DE LER......!!!!!

chispum dijo...

Paréceme ben o de habilitar a moderación, pois hai algúns "anónimos" que non saben escribir. E, para colmo, pensan que o filósofo dixo "pienso, logo como herba".