6.5.08

Correlingua 2008
Como cada ano por estas datas o insti participa no Correlingua que se celebra na Coruña. Enchimos dous autobuses ata os topes e alá fumos. Unha marea azul, coas camisetas que regalaba a organización.
Tamén como sempre, houbo ex-alumnos que se acercaron por alí a saúdar a profes e amigos. Algúns pasaron prácticamente a xornada enteira con nós. É un gustazo ver como os 'ex' seguen a acordarse do seu paso polo instituto... por moito que protesten mentres son alumnos!
Pode que moitos dos asistentes non lle den importancia neste momento, pero seguro que outros son xa conscientes de que a nosa lingua ten un perigo real de desaparecer se non a mimamos nós un pouco. Como di a pancarta, o Galego ten a súa maxia!

Correlingua 08

2 comentarios:

Anónimo dijo...

olaaaaaaaaa !!!!!!!!!!

q ben salimos tod@s nas fotiños!!! !!! ainda q hai algunha cara q mimaaaa !!!!!!! jªjªjª

veña aburr !!!!!!!!!


J3SS&

Anónimo dijo...

as fotos qdaron moi xulys q pena q outros/as tiveramos q qdar na clase eh!!!!!!!!!!!!! veña un bikiñ a tods