5.6.08

Érache o que había!
Por este curso, o grupo de teatro do Insti "Éche o que hai" deixa caer o pano e despídese ata outra ocasión. Despedíronse coa representación da obra "Quen matou ao Sr. Torres?"
Fixeron un 'dobrete', representando a obra dúas veces consecutivas. Na primeira non tiveron un público moi colaborador, pero na segunda, cun público moito máis atento, a cousa funcionou realmente ben.
Teremos que esperar ata comezos do próximo curso para ver a seguinte representación, cunha obra máis longa que seguro que, sabendo de quen vén, terá máis dunha sorpresa! Mentres tanto aquí tedes unhas fotos para facer boca:

BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Dixo Arthur Miller que "o teatro non pode desaparecer porque é o único arte onde a humanidade se enfronta a si mesma". Despois do que estas actrices e actor conseguiron en tan pouco tempo, un curso escolar, sendo capaces de vencer os seus medos (que veñen ser os medos de todos), de falar para todos nunha linguaxe que todos podiamos escoitar e entender e de deixar de ser eles mesmos para se converter no personaxe que encarnaban, estou convencida de que o teatro non pode nin debe morrer.
Os meus parabéns, aínda que nos ensaios levárades algún que outro reñido.

Anónimo dijo...

Todos e todas (mellor todas e un) están moi ben, pero esa taquígrafa!
Estela, vaia "caída de gafas", roubaría para estar no xuicio enfrente de ti!!

Anónimo dijo...

Son catarina de 2c
Gustoume mais esta escena de teatro que o de xuiz . Fixerono todos ben un saludo .

Anónimo dijo...

OLA!Son lucia unha compoñente do grupo "eche o que hai"Quero agradecer a todas as persoas que me animaron ,apollaron cando non me saia algo.Quero lle pedir unha cousa a Silvia(profesora de teatro)Non o deixes por favor, nos imosche axudar, ti ven o sabes.Espero que leas este comentario.De parte dos compoñentes do grupo.