18.11.08


E ás veces confundimos misterio e perigo, pero ese che é outro conto. Aquí nos limitaremos a falar de misterio. O misterio dun bo libro. Por que non deixarse atraer por un libro?
Indo máis aló: por que non deixarse amar por un libro. Realmente pode chegar a chuparnos o tempo, a sentilo parte de nós…, ou estarei esaxerando moito?
Vedes o expositor da biblioteca, alí onde os libros (e tebeos, revistas, dvds...) chaman por vós…
Estes día anda por alí un libro sobre vampiros. Sobre eses entes chupoteiros e de mala fama. Eso é graciñas á imaxe hollywoodense dun vampiro que tedes na vosa cabeciña, porque, postos a pensar, por que teñen que ser malos? Non pode haber algún vampiro bo?
Píllache o libro e averigua quen é o Edward e por que misteriosa razón resulta tan atractivo.
E lembrao, se na páxina vinte non te prendeu a súa lectura, podes deixala. O abandono da túa parella (sen pensalo), pode ser fatal, pero deixar un libro que non gusta é un exercicio de libertade intelectual.

Este libro, que parece que ten éxito, é parte dunha serie creada por Stephenie Meyer. Que decides? Seguimos co resto dos títulos da serie? Podes enterarte algo mais visitando esta páxina

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Un libro que vale a pena ler ...tambn hai peli asi que...mellor ainda:

A protagonista da historia é Bella Swan, unha @mozo de dezasete anos que se muda co seu pai a Forks, Washington, despois de que a súa nai iniciase unha nova vida con outro home. No colexio coñece a cinco @mozo, os Cullen, que foron adoptados polo doutor Carlisle Cullen. Un deles, Edward Cullen, chama a atención de Bela. A súa atención sobe ao máximo cando descobre que Edward posúe unha gran forza e velocidade, xa que cando se atopa en perigo el aparece como "por encantamento" a rescatala. A partir disto, Bella cre que é unha especie de superhéroe. Pero todo cambia cando coñece a Jacob Black, un mozo da tribo quileute que, entre mitos e historias, cóntalle que Edward e a súa familia....
se queredes saber máis xa sabedes tedelo na biblio^^.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Edward ta como un tren. Bella [ISAbella] non ta mal tampouco [según o Nº de admiradores que ten] Carlisle ta máis caxondo que Edward, e o personaxe que máis me mola éche Alice. Molame o poder de Jasper, e o color de pelo de Edward. A historia non está mal, e no principio caíame mal Bella [Do tan chorona que é] e na verdade tampouco me cae moi ben agora, pero que lle ei de facer?
Si eu fora ela atacaba a Edward >D
MUAHAHAHAHAHAHAHAHA
O que me gusta dela é que é moi irónica. E que é pálida. E que é un desastre natural no que ten que ver cos deportes[co exercicio en xeral(andando tamen)].
E tamen me gusta a Bipolaridade de Edward. E tamen me gusta o seu cuarto[Quen mo dera!>=3]

Anónimo dijo...

Quero leeloooooooooooooooo!
XAAAAA
snif
A ver se o lemos en castellanooo!
:D

Anónimo dijo...

Eu coidaba que dos vampiros e do alumnado do IES pouco bo podía esperar, pero...
Felipe deixame abraiado (non che hai como vivir nos furados!).
A incógnita >=3 deixame asustado (despois de ET xa non sei se esperar algo do espacio exterior!!).
E a sara3ºa deixame "snifando" (non che hai nada como unha "viaxe por aí"!!!).
Un hurra por este alumnado xeitoso!!!!!!!!!!!!!!!!!!!