19.4.09

ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Asistín este venres, coma outros anos, aos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, organizados por Cristina e Pilar, as asesoras das BEs. Coma sempre nestes encontros o nivel dos relatores foi altísimo, a formación que se nos ofrece é do melloriño que levo visto nos meus anos na profesión, con auténticas xoias, como Glòria Durban, que ten moi clariño por que e para que fan falla as Bibliotecas Escolares ou a atrevida conferencia final de Emilio Pascual, poñendo puntos sobre as ies no que respecta á lectura, como na fábula de Samaniego que explica bastante ben a súa idea.
Foi unha delicia ver xunta a tanta xente interesada nas bibliotecas, con tanto traballo realizado e tan desinteresadamente compartido. Non sei se habería reloxos dabondo para contabilizar as horas adicadas, entre todos, a conseguir que as BEs funcionen no centros da nosa comunidade.
Noraboa a todos/as nós e as 'xefas' que fan un traballo impagable.

No hay comentarios: