27.4.09

ESTAMOS DE SORTE

Estamos a recibir, doutras bibliotecas escolares amigas, o agasallo de facernos Blog Maneiro, que ven sendo algo así como "blog con xeito", con bo xeito!


Agradecidos e cumpridores: ser blog maneiro implica tamén cumprir as regras:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

O primeiro que corresponde facer agora é agradecer aos blogs Felices Lecturas e a Bibliobarro o agasallo, cos nosos mellores desexos, e prometer intentar seguir a ser o máis maneiro posible. Repartimos o agasallo tamén con outros blogs (aínda que é probable que algún xa teña o título, pero temos que mencionalos) que nos gustan e nos axudan a mellorar:


- Biblioafonso
- Iniciarte
- Na estrada 525
- Arredor de si
- O ninho da curuxa
- Estamos a ler
- Biblio Fernando Blanco
- Trafegando Ronseis
- Mesturas
- Andel aberto


e, como mandas as regras, procedemos a colocar na nosa barra o logo de Blog Maneiro.

4 comentarios:

Biblioteca IES Fontexería (Muros) dijo...

Moitísimas gracias. Procedemos a seguir as instruccións do agasallo. Parécenos unha estupenda maneira de comunicármonos solidariedade todos os que estamos na "batalla", como ben dis, das Bibliotecas Escolares

Ronsel dijo...

Moitísimas grazas. Estarmos aquí, convosco, é importantísimo. Cada día máis.
Saúdos

Anónimo dijo...

Pois desde O castelo da lúa, blog do ENDL do IES Félix Muriel, tamén vos outorgamos este mesmo agasallo!
Xa o decidiramos antes de entrar na vosa páxina e ver que outros se adiantaran.
Parabéns repetidos!

Ángeles. dijo...

Noraboa polo blog. Pasade por BIBLOCAXADO http://biblocaxado.blogspot.com/ Tedes un agasallo. Un saúdo.