4.4.09

Que non falte a música
Xa que estamos de 'vacances' podemos aproveitar para abrir unha nova sección no blog: que non falte a música, que seguro que ten as bendicións de Almudena!
Podedes atopar a sección na barra dereita, tirando hacia abaixo. Irá cambiando cada certo tempo. Comenzamos con Bruce Springteen, "The Boss" ("o xefe", para os de francés); unha porque é unha boa forma de empezar e outra porque sei dalgunha empeñada en ir velo cando toque en Santiago este verán, verdade, J.P.?
Ah, admítense suxestións! Admítense ata de 'Claus Patera' que anda por aí cargando libros.

1 comentario:

Claus Patera dijo...

Ola, por alusións (son deses lectores de blogs que non acostuman facer comentarios; non mo tomedes a mal):

Son un fanático da música, pero se me vise no duro trance de escoller unha única canción, talvez diría que a miña preferida é "Óleo de mujer con sombrero" de Silvio Rodríguez (tranquilos os heavyes, coma Emilio!!!!,que tamén me gustan as cañeras: sen ser heavy, os Dires Straits teñen obras gloriosas, como "Sultans of Swing" que seguirá facéndonos ferver o sangue aínda que pasen mil anos de historia musical). Do Boss, quédome tamén con moitas, pero a miña preferida sempre será "The river", porque tiven unha historia parecida á que se conta na canción, e iso marca, e fai que digas "esta é a miña canción".