16.5.09

CERTAME LITERARIO INTERCENTROS
Este ano, no certame literario das Letras Galegas que organiza o noso Concello, participaron un total de 35 alumnos e alumnas nas modalidades de poesía, narrativa e cómic. Destes alumnos e alumnas resultaron premiados 17.
Os premios entregaranse en Camariñas o domingo 17, Día das Letras Galegas, na Praza da Insuela, ás 12.30 da mañá.
Noraboa a todos e todas, participantes e premiados!
Ánimo e a seguir escribindo!

No hay comentarios: