Celebrouse este venres 5, en Santiago, a xornadas dos Clubs de Lectura deste ano. Coma sempre, como nos teñen acostumados Cristina e Pilar, a organización foi perfecta (grazas!) e os conferenciantes de alto nivel. Empezamos escoitando a Mireia Manresa (da Universidade Autónoma de Barcelona) e profesora de Secundaria falando sobre os hábitos lectores dos adolescentes (algunha vez acordeime dalgún que me sei eu). Rosa Aneiros falaounos da súa experiencia de autora asistindo a Clubs de Lectura (imos ter que incluir algún título seu nos nosos clubs) e logo escoitamos a catro compañeiras/o falando dos seus clubs, da práctica diaria (meu deus, canto traballiño!). Mercedes Caballud e Carmen Carramiñana puxéronnnos os dentes largos falando da experiencia "Leer juntos" na vila de Ballobar (Huesca) onde teñen prácticamente a medio pobo ligado aos clubs de lectura e incluso exportan a experiencia a outros lugares. Impresionante!
É unha lástima que a estes encontros non poidamos ir máis xente, profes alumnos e pais. A máis de un encantaríalle.
1 comentario:
Pois esta ben e tendes razón en isto:É unha lástima que a estes encontros non poidamos ir máis xente, profes alumnos e pais. A máis de un encantaríalle.
SAUDIÑOS E XA PODÍA SER SABADO PARA IR A EXCURSIÓN!!!!
Publicar un comentario