Que medo pasei este venres, na biblio, durante a entrega de premios dos micro-relatos e de ilustración!!
Menos mal que logo entregamos os premios do concurso de cabazas e xa a cousa foi algo máis tranquila.
A verdade é que temos que felicitar ao alumnado de 1º ciclo, que tivo unha moi boa participación, en cantidade e, sobre todo, en calidade. Tanto foi así que o xurado tivo auténticos problemas para decidir a cal outorgarlle o premio. Finalmente, e dada a case nula participación do alumnado de 2º ciclo, (para desesperación do bibliotecario) decidiron repartir dous premios, en lugar dun, tanto para os contos en castelán como en galego.
Esperemos que os que tan ben o veñen facendo neste curso continúen así en anos sucesivos.
Os traballos premiados podedes velos no Recanto Literario, e unha mostra das cabazas e pantasmas, neste vídeo. En Pedras do Vilán podedes ver unha entrevista coas gañadoras do concurso de cabazas. (As fotos na biblio, para quen queira copialas)
De Películas |
3 comentarios:
A verdade é que este ano participou moita xente. Estivo moi ben.
O vídeo mola moito....pero non encontro os relatos...
perdon xa o encontrei grazas...un saudo....
Publicar un comentario