Unha foto coma esta pode decir moitas cousas sobre a lectura e os seus milagres (como ben sabe Ana). Pouco importa se non se entenden os debuxos e as letras que poida haber impresas. Importa a relación co libro e cos outros seres humanos. A lectura non só ten unha dimensión informativa, ten unha importantísima dimensión afectiva, como recolle a foto.
Logo, máis tarde, pódenche pasar cos libros cousas estrañas, como lle pasa a este rapaz do vídeo. Onde rematan as historias dos libros e onde comezamos nós?
(Vía "Trafegando Ronseis" a través de Biblioblogs Escolares)
1 comentario:
Daquela será certo que se cumpre iso de que "se ti les, eles len"... Xa te iré informando de como progresa este primeiro contacto coa lectura.
Apertas!
Publicar un comentario