Xa temos dous capítulos máis na nosa historia andante. Logo do capítulo feito por Raquel, de 4ºB, temos outro máis realizado por Javier Brey, o profe de Plástica. Mirade como deixaron ao pobre Emilio nos últimos capítulos publicados! (Ata lle medrou o pelo!!)
Esperemos que nos seguintes, (que aparezan pronto!!) alguén teña un pouco de misericordia... Que pasará co pobre Emilio, que non ten culpa de nada? Quen seguirá contando a historia??
De momento podedes seguila picando no libriño que hai na columna da dereita.
3 comentarios:
Ola,
non pensedes que me esquezo de vós (aínda que non deixo comentarios miro o blog sempre que podo), pero ando por Gondomar e non me queda preto Camariñas. Dígoo porque sei que lles debo unha visita aos rapaces e rapazas que agora están en 2º. O día menos pensado aparécevos por aí. Por certo, nunca esquecerei as cartas tan fermosas que me escribistes e que me fixo chegar Auri.
Ramón
Diooos!!! Kyle é malo Kyle é malo! Que ben! jajaja
A ver que lle fan agora... Xa non podo esperar máis para velo!!
Bó traballo Javieer!
Que bonito! Me preocupo por Raqel. Será un peón algun día? Ya es peón? Estamos todos locos? [bueno, el único loco es Emilio, pero bueno...jajaja]
Publicar un comentario