11.1.10

O PERIGO DOS LIBROS
Xa dixemos máis dunha vez que os libros sonche moi perigosos. Atacan directamente á cabeza, ábrena ao mundo e poden chegar a facer pensar, a entender e entendernos mellor, e a ter opinión propia sobre aqueles asuntos do noso interés. Aquí vos deixo un vídeo do humorista José Mota sobre os "adictos" aos libros.. ou ao mellor, máis que ver o asunto con humor, é un adianto no tempo do que pode ser real dentro duns anos? Os que lichedes, ou víchedes, Fahrenheit 451, sabedes a que me refiro.

1 comentario:

Kobe bryant dijo...

Farenheit 451 xa está sendo agora, só que en vez de queimarse libros cérranse webs.
Bueniisimo o video jajaja, non lle dou 6 estrelas porque só hai 5