21.2.10

DÍA INTERNACIONAL
da LINGUA MATERNA

En 1999 a UNESCO creou o Día Internacional da Lingua Materna, coa idea de potenciar a variedade lingüística e, especialmente, de defender aquelas linguas que estiveran en maior perigo de desaparición. Non é o caso do galego (de momento) pero é unha boa ocasión, agora que o tema anda tan revolto, de poñer en valor o que é noso e nos identifica. Respectemos as linguas dos demais se queremos que respecten a nosa; que cada quen se sinta orgulloso da súa.

Hai uns consellos estupendos no apartado "transmisores das linguas e os afectos", ilustrado por rapaces de infantil, nesta páxina, ademais doutras curiosidades sobre este tema. Resulta curioso ver, por exemplo, a cantidade delas que hai en "mapas vivos" das linguas.

4 comentarios:

Clara dijo...

Pois eu sintome mui orgullosa do galego!!E creo que moitísimos mais, coma min , tamen están orgullosos!

CLara 1ºC dijo...

Ah ,Emilio, que non se che ocurra borrar o blog!Eu coma Adela deixareiche un comentario, sempre que poida! (hoxe estou moi galegista :) )

ChaO!

Libraco dijo...

Claro, Clara!

Laura dijo...

ten razon Clara, penso que hai moita xente que está orgullosa do galego!E eu incluida!