Quedan as letras tristes coa ausencia de Miguel Delibes. Quedan tristes, ademais, porque marchou un home de pobo, que sempre preferiu vivir no mundo rural, que tan ben reflectiu nas súas obras. Un home dos de 'patear monte', que non destrozar. Dicía de si mesmo que era un "hombre sencillo, un cazador que escribía", un amante da natureza. Delibes é inseparable da súa 'Castilla' e dos seus campos, amigo da xente que traballa e vive neles.
Perdemos a un dos grandes, dos que mellor manexaba o Castelán, a un gran creador de personaxes inesquecibles, como Daniel el mochuelo (El camino), Azarías, Paco el Bajo (Los santos inocentes), Cipriano Salcedo (El hereje)...
Perdemos a un dos grandes, dos que mellor manexaba o Castelán, a un gran creador de personaxes inesquecibles, como Daniel el mochuelo (El camino), Azarías, Paco el Bajo (Los santos inocentes), Cipriano Salcedo (El hereje)...
2 comentarios:
Desde o venres, coa noticia do pasamento de Miguel Delibes, a Literatura está de loito. Un home sinxelo e bo, ademais dun gran escritor deixounos. De seguro que lerei algo na súa memoria. Grazas, Miguel, polas marabillosas horas de lectura que nos regalaches.
Supoño que a morte veu ser unha liberación para Delibes, que o pobre xa levaba moitos anos desganado. Ningún drama especial, máis que a morte en si mesma, pero non podo evitar sentir que o mundo queda un pouco máis incompleto. Eu tamén quedara fascinado desde o personaxe do Mochuelo, tanto que por veces imaxinaba que estaba a ler cousas sobre a miña vida de rapaz. O último que disfrutei foi "El hereje": e volvín engancharme de Cipriano Salcedo; cando vou co can polo monte penso e volvo pensar nas conversas que este personaxe tiña co cura (o licenciado Cazalla). Paréceme incrible a mestría dalguén que pode facer interesante unha conversa entre dous cazadores, rodeados de xestas. Supoño que tamén me fai lembrar cando de neno me gustaba o mundo da caza. Porque ler a Delibes é recordar todo o que fomos e xa non somos. Eu falo por min: aprendín tanto nos seus libros...
Publicar un comentario