Pensa antes de colgar
Chéganos desde a biblio do IES de Poio unha información que descoñeciamos sobre un tema que sempre tiñamos na cabeza: o uso seguro e correcto de internet, especialmente do que 'colgades', ás veces sen pensalo moito. Hai que ser conscientes de que cando colgamos algo xa non hai forma de paralo e pode convertirse xusto no contrario do que queriamos; ou atoparnos con que alguén sabe algo de nós que non queriamos que soubese... Hai unhas normas mínimas a seguir antes de colgar algo, seguindo a nosa creatividade e evitando ferir a outros:
-Configurar adecuadamente as opcións de privacidade na rede (Tuenti, Facebook...)
-Facer unha selección de contacto e amigos.
-Pensar nas consecuencias antes de subir unha foto, vídeo, comentario...
-Solicitar permiso das persoas que aparecen nas imaxes ou vídeos.
Sabiades que hai empresas que se dedican a buscar datos na rede sobre unha persoa antes de contratala? As fotos das bromas dun botellón, por exemplo, non soen ser boa publicidade para conseguir un emprego!
Atoparás unha páxina interesante sobre o tema aquí.
3 comentarios:
a Verdade e que non usamos correctamente as rede sociais e a veces metemos a nosa dirección,calle rua e hasta o numero de telefono...Tamén nos temos que asegurar de A quen acptamos as peticións....Un saudo UuUUPSss...!!!!
Si, neso ten razón "uUuUPpsS...!!!"
coincido co que din!
eu non me fio ni un pelo de internet!
Publicar un comentario