13.5.10

Letras 2010 UXÍO NOVONEIRA (3)
Seguimos co poeta homenaxeado no Día das Letras. Premendo na imaxe tedes un enlace a unha páxina chea de recursos sobre o tema, webquests incluídas. Nós quixemos poñer tamén o noso gran de area, ou mellor, as nosas follas de carballo e castiñeiro: tedes estes días, na entrada do instituto, un par de "árbores" con follas impresas cos pequenos poemas e frases de Uxío. É froito dun traballo colaborativo entre a nosa biblio e a de Fene, en Ferrol. Aquí podedes ver a totalidade das follas impresas, que andan polos centros de media Galicia sinalando camiños ás exposicións sobre o o poeta.

1 comentario:

chispum dijo...

Quen senon o Uxío pode decir: "Chove para que eu soñe..." (e poidamos escoitar a chuvia...)?
Graciñas por achegarnos tamañas verbas!