Onte na biblio celebramos a primeira sesión de "Cine para Falar". Xuntámonos un grupo grande de pais e nais, alumnos e profes. A biblio non daba para máis, sobre todo cando quixemos poñernos en círculo para poder vernos as caras.
Vimos unha comedia, "Ponte en mi lugar", que deu pé a falar sobre as diferentes visións do mundo que podemos ter adultos e adolescentes.
No seguinte trimestre teremos a segunda sesión, e xa houbo quen deixou preparada a última do ano decindo que habería que celebralo cunha merendiña! (no patio claro, xa sabedes que na biblio...nin se come nin se bebe).
Felicidades, e grazas, ás familias que quixeron vir a compartir esta experiencia con nós. Aquí tedes algunha foto da sesión.

3 comentarios:
jajajajajajajaja ke ben estubo a peli e na foto fun o unico ke sauden o resto rindose jajajajaja e o comentar gustoume moito jajajajajajaja suerte ke falen pouco e nn tanto como falo na clase ke se non non deixaria falar os outros
Que ben estivo!!Gustoume moito e paseino ben!!A peli tamen estivo moi ben reimonos moito todos/as e cando estivemos a falar da peli...que ben o pasei escoitando as difirintes opinions de pais e fillos!!
Ismaeliño, non querías que saira o paxariño?
Publicar un comentario