9.12.10

ARAOS 2.0
Xa levamos un tempiño funcionando co Club de Lectura Arao neste curso. Algunha xente é nova e outros xa son 'veteranos', e incluso contamos con algúns que non nos queren abandonar a pesar de que xa deixaron o 4º atrás.
Os máis atrevidos e atrevidas deixan aquí algunha reflexión sobre a lectura e o club. A ver que vos parece:

Arao 1 from Libraco on Vimeo.

2 comentarios:

Silvia dijo...

Ler é aprender e disfrutar, son as ideas máis repetidas. Compartir a lectura e poder falar das impresións, do que nos mostra esa lectura con xente máis nova, con persoas divertidas e con ganas de descubrir novos mundos está sendo unha das actividades máis gratificantes que esta profesión me está permitindo facer. Grazas por este privilexio.

Anónimo dijo...

ola somos do Clube de Lectura do IES Mugardos, estamos a ler "Corazón de Tinta" grazas ao voso xeneroso préstamo. Gústanos moito o voso vídeo e o blog.
Marta, Sara, Lucía, Javier, Pablo, Verónica, Mercedes, Chelo e Serafín.