29.6.11

UNHA DESPEDIDA MOI SENTIDA

Este curso que acaba ten un sentimento especial, moi especial, entre a alegría e a tristeza. Alegría porque queremos desexarlle a Auri o mellor, e porque queremos celebrar con ela todos estes anos de traballo, de dedicación, de saber estar en cada momento, sobre todo nos difíciles, de aprendizaxe, en fin, para tantos de nós, que fumos sabendo que era isto do ensino seguindo os seus pasos.

E estamos tristes porque quedamos, dalgún xeito, orfos. O instituto perde unha gran profesional. Na biblioteca perdemos, ademáis, un dos pilares máis sólidos que tivemos en todos estes anos de funcionamento, primeiro co apoio desde a dirección (anos duros, de crear un ‘instituto’ onde só había un local valeiro) e logo como colaboradora imprescindible e incansable. Sempre disposta a botar unha man, sempre aí cando se lle necesitaba, sacando traballo adiante, en tantas cousas que as veces non se ven desde fora, pero que son as que facilitan que todo funcione.

Podería dicir moitas cousas sobre estes anos, pero ela mesma o di mellor do que podería decilo eu. Estas palabras son súas:

Eran outros tempos, outro século… Hai desto uns corenta anos, tiña 19 anos recén cumpridos. Convenientemente instruída por miña nai, unha excelente mestra, empecei a traballar en Santa Mariña (Camariñas)… Quixera que puidésedes imaxinar aquela escola pechando os ollos. Sobre a corte duns burros (creo que eran 3), nuns bancos corridos, sen respaldo, 75 nenos e nenas mirábanme con curiosidade esperando aprender. Non había televisión e non coñecían a maioría das cousas máis sinxelas que poidades imaxinar… Lémbro o meu primeiro día de clase, con todos aqueles nenos e nenas louros, cos ollos ben abertos, tan asustados coma min. Supoño que lles ensinei algo…, eu aprendín moito con eles. Para min o seu mundo era totalmente alleo, non comprendía nin tan sequera o que falaban (galego), dicían palabras coma caluga, rebuldar, preguiceiro… que eu nunca antes escoitara.

Fun cambiando de destino e seguín aprendendo cos meus alumnos: Ortigueira, Mugardos... e co meu SEAT 600 crucei toda España para chegar ata El Campillo na provincia de Huelva. Acabei volvendo por azar ao principio da miña andaina, no concurso de traslados déronme A Ponte do Porto (ano 1978) e aquí quedeime.

Percorrín as diferentes etapas educativas: infantil, primaria, secundaria e fun coñecendo as innumerables reformas educativas.

Para min o traballo foise convertendo nunha das partes máis importantes da miña vida. Aprendín, xunto cos meus compañeiros, a sacarlle partido a todo o que ocorría arredor da escola… Fun collendo confianza e seguridade e cheguei a disfrutar de traballar en liberdade, con seguridade do que se debe facer o o que non se debe facer nunha clase, e coa liberdade tamén chegou a alegría de vivir unha aventura cos rapaces, de abrirlles portas, de serlles útil, de ... Non acabaría nunca de dicir todo o que os meus alumnos e alumnas me aportaron, a cantidade de cousas que aprendín con todos e cada un eles! O mellor é que aínda hoxe, cada día, aprendo algo novo e teño a ilusión de que tamén eles aprenden comigo.

Voume satisfeita do traballo realizado. Espero que todos vós disfrutedes tanto dun traballo tan fermoso. Prometo non deixarvos de todo e pasar de cando en vez polo instituto, aínda que sei que cada vez me resultará máis difícil.

Querida Auri, disfruta da túa nova vida, pero non nos abandones de todo, aínda te necesitamos. Aínda te necesito. Un bico.

14 comentarios:

jennifer 2ºC dijo...

Ola Auri,espero que o pases ben nas vacaciones e disfruta da tua nova vida, os alumnos vamos a estranarte, porque xa son bastantes anos cunha boa profesora coma ti; porque eu aprendin moito de todos os profesores e de ti, pero espero que de vez en cando nos veñas a visitar .un saudo e unha aperta moi forte. :)

Diana García García dijo...

Entroume unha gran tristeza cando lin a palabra despedida.Lembro con moito cariño todos aqueles anos que pasei na Ponte,só espero que algún día os meus fillos teñan tanta sorte como tiven eu en ter unha profe coma ti.

adela 2º B dijo...

Dame moita pena que xa non poidas estar con nós. Voute botar de menos, para min fostes unha profesora moi boa. Aprendín moito nas túas clases. Nunca te vou olvidar. E de vez en cando eiche enviar algún correo. Disfruta da túa nova vida, telo ben merecido! (: Gracias por un curso tan bo no que aprendín tantas cousas. Un bico.

Charo dijo...

Los que te conocemos y te queremos sabemos que la educación de este país sería mejor si todos los profesionales fueran como tú. Gracias por tu entrega y tu compromiso con la enseñanza pública

Carmen dijo...

Como profesora, excepcional; como persona, extraordinaria; como hermana, inmejorable. ¡Eres un lujo! Y ahora, además, serás una jubilada encantadora, original, divertida, inteligente y siempre muy , muy joven (no podrás evitarlo). Muchos besos

Silvia dijo...

Como compañeira teño moito que agradecerche, hai moitos anos cando empezaba nesta profesión e non sabía que había que facer dentro dunha aula, ti me abriches as portas do teu saber, da túa clase e da túa amistade.Moitas grazas por todos estes anos compartidos e polos que nos quedan.E moitas grazas por ser a miña amiga.

Unitaria de Vide dijo...

Auri, levo un anaco diante do cadrado de comentarios e non sei que escribir, porque catro anos da miña vida en Ponte do Porto estralaronme na cara.

Gracias Auri, por estar aí cando te atopei

Sabela

olga dijo...

...que excelente cabaleiro se tivese un bo señor!...
(Cantar del Mio Cid)
Unha profesional da túa talla só precisaría dun sistema educativo que fose quen de valorala.
Parabén, Auri. Por unha vida.

... e fomos quedando sós
o mar, o barco e máis nós!
(Manuel Antonio)

MARÍA y CLARA dijo...

Hasta Madrid llega tu fama de buena profesora y excelente persona y de ambas cosas queremos seguir disfrutando, si lo tienes a bien. Este verano volveremos a comprobarlo, ¡qué bien! BIQUIÑOS

Cristian Trillo Mouzo dijo...

Dicen que si algo no tiene fin es que no existe... Pues tu as hecho un bonito cuento que ya acaba. Mucha suerte estamos contigo =3

Marina dijo...

Fermosísimas as túas palabras Auri. Que teñas unhas fermosas vacacións porque unha mestra e sempre unha mestra. Bicos con todo o noso agarimo dende Arzúa.

Fátima Soto dijo...

Por un lado, dame pena que xa non sexas a miña profesora, pero por outro, sei que tras tantos anos traballando e esforzandote por pasar a tua sabedoría aos teus alumnos, que seguramente todos te recordarán, te mereces este descanso.
Ensinásteme moitas cousas, unhas aprendinas, e outras non tanto, pero esforceime tanto como te esforzabas ti en ensinar. Nunca perdías a pacenza cos teus alumnos, algo que moitos saben. E sobretodo eras unha profesora xenial das que xa non quedan.
Disfruta este descanso!
Un bico! Ata pronto!

berta m. pérez dijo...

Auri, te deseo de veras que disfrutes del tiempo de descanso que ahora tendrás y que te mereces tanto, que puedas aprovecharlo para hacer tantas otras cosas que también has disfrutado siempre y para las que seguramente la intensidad de tu trabajo no te dejaba demasiado tiempo. Y deseo también que lo pases muy bien en el "encuentro". Pienso que a mi padre le hubiera gustado estar, porque siempre hablaba de ti como de una gran profesional y una "chica inteligentísima". Un beso grande. Berta M.

Lucía Baña dijo...

Non dudes que podes ir moitísimo mais que satisfeita do teu traballo. Como di Emilio na entrada, ERES UNHA GRAN PROFESIONAL. Gracias por todo e disfruta, que o mereces. Unha aperta.