8.12.11

HOMENAXE MERECIDA

O pasado sábado, durante o descanso do partido, o Club de Balonmán Boya, de Camariñas, tivo a feliz idea de homenaxear ao noso Javier. Non estamos afeitos a que se recoñeza publicamente o noso traballo e foi, para todos nós, unha alegría que alguén recoñecese o labor realizado por Javier durante todos estes anos.
Estou certamente seguro, e penso que non son o único, que o deporte neste concello non sería igual sen a súa presenza, esforzo e constancia. Desde logo, eu non sería igual!
Desde aqueles primeiros anos cambiaron moitas cousas, pero sempre quedarán na memoria as Festas da bicicleta, os equipos de deporte escolar, as primeiras clases de vela, as carreiras de campo a través, o descenso do río en piragua, as clases de esgrima, de escalada, de... Non, rapaz, ideas nunca che faltaron!

1 comentario:

Auri dijo...

É moi agradable sentirse recoñecido despois de tantos anos abrindo camiños e traballando no campo da actividade física. Foi un bo detalle por parte do club de balonmán Boya.
Lémbrome da 1ª festa da bicicleta, dos partidos de baloncesto no patio do colexio, das primeiras sesións de psicomotricidade..., e de milleiros de actividades que realizamos ao longo destes anos.