VISITA CIENTÍFICA
O pasado venres 18 de novembro, os
alumnos e alumnas de 4º de ESO, coñeceron o Instituto de Ciencias Forenses "Luis Concheiro",
ubicado na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, á
fronte do cal se atopa o prestixioso xenetista galego Ángel Carracedo Álvarez.
Os rapaces e rapazas recibiron unha charla sobre a importancia da proba de ADN
na casuística forense, e sobre o traballo que neste centro se leva a cabo.
Ademais, durante a visita guiada polos laboratorios do instituto, achegóuselles
ao "día a día" dun equipo de investigación punteiro.
A saída completouse co CESGA (Centro
de Supercomputación de Galicia), conseguindo así a interdisciplinariedade da
mesma, implicando ao alumnado de Bioloxía e Tecnoloxía.
Seguro que, dentro duns anos, os alumnos e alumnas do insti do futuro irán de visita a algún centro experimental de alto nivel que estará dirixido por algún dos alumnos de hoxe. Quen será?
No hay comentarios:
Publicar un comentario