27.3.12

SECRETO DESCUBERTO??
Hoxe tivemos un encontro, un moi agradable encontro, cos creadores do Mundo Secreto de Basilius Hoffman, Fernando Cimadevilla (escritor) e Iván Valladares (ilustrador), que nos desvelaron parte dos segredos do libro e nos puxeron os dentes longos esperando a segunda parte.
Ademais Iván deleitounos mostrándonos o traballo, enorme, previo ás ilustracións definitivas. Como botón de mostra vimos os estudos de anatomía dos "felinos", para conseguir a súa forma definitiva e saber entón como se "moven" ata os estudos sobre o "Argestes" e o seu funcionamento. Impresionante.
Queremos agradecerlles a santa paciencia, xa que tivemos que pospoñer a visita nunha ocasión, e o ofrecemento de enviarnos un debuxo orixinal adicado.  Por outra banda lamentamos que xusto hoxe (xa era moito cambiar datas) houbera membros do club que non puideron asistir á reunión. Pero en fin, como quedamos convocados para o segundo volume... xa haberá tempo.
Aquí vos deixo unhas fotos de mostra:
Encontro secreto on PhotoPeach

3 comentarios:

Sara CS dijo...

Estivo xenial!! Foron moi amables, os debuxos estaban... Non hai palabras para describir o ben que debuxa Iván! E todas as historias das que estivemos falando... Simplemebte xenial! Quedo con ganas de que volvan!! :D

Anónimo dijo...

Voltaremos Sara... se nos invitades... jejeje... por certo, inda estamos a espera desa historia que prometiches enviar :P

Fer.

guadalupe dijo...

cual?la verdad que me gusto mucho ver un escritor y un ilustrador en persona de una historia preciosa con mucha imaginacion fue todo un placer estar con vosotros
GRACIAS
gracias por el autografo