Unha perda irreparable
O humanista, economista e
escritor José Luis Sampedro faleceu aos 96 anos en Madrid. Era membro da Real
Academia Española desde 1990 e catedrático de Estrutura Económica da
Universidade Complutense de Madrid, pero sobre todo era un ser humano. Non
queremos deixar pasar o seu falecemento sen dedicarlle unhas verbas de
agradecemento non só polos seus libros, senón tamén pola seu compromiso coa vida.
No Club de Lectura Arao de
adultos lemos La sonrisa etrusca, que nos emocionou a todos e todas e fíxonos rir e chorar, un libro cheo de tenrura. Podedes ir á entrada deste libro no blog do club picando
aquí. Tamén vos deixo unha frase, escollida entre outras moitas, deste libro que é un canto ás gañas de vivir,
á tolerancia ao tempo que unha crítica á vida acelerada das cidades
e ao perigo de deshumanización na vida moderna: “En un súbito impulso
se abrazaron, se abrazaron, se abrazaron. Metiendo cada uno en su pecho el del
otro hasta besarse con los corazones.”
Ademais de La sonrisa etrusca
escribiu El río que nos lleva que foi levado ao cine, unha triloxía
formada por Real Sitio, Octubre, octubre y La
vieja sirena y, por último, El amante lebiano entre moitas
outras obras.
Forges lle dedica hoxe esta viñeta en El País.
Se picades aquí podedes ver unha entrevista que lle fixo Iñaki Gabilondo para Canal+
1 comentario:
Supoño que o comentario anterior é o dun alien amigo do sampedro,a el lle gustaría, porque ante todo é humanista e o humanismo é algo aberto a todo tipo de ET...en fin, que si o "fake" anterior non é dun alien, pois que lle imos facer, sempre nos quedará Portugal (antes) ou Paris(agora)...eu decir, que ante o chiste do Forges me quito o sombreiro que non uso e me cago no que sexa por un tipo como o sampedro...os deuses sempre se levan ós mellores!
Publicar un comentario