DE LIBROS, LIBRERÍAS E OUTRAS HERBAS...
Alá fomos os do Club de Lectura Arao, en busca de materia prima para a nosa/vosa biblio. Logo de ver o ben que o pasaban os nosos avós coas "tablets" (pizarra, pizarrillo) e outros adiantos da época, no Mupega, marchamos, mapa en man, en busca da terra prometida: as librerías. Primeiro recalamos en Komic, onde nos falaron, e moi ben, das posibilidades artísticas e narrativas do cómic, non sempre ben entendidas nos ámbitos "culturais"(?) Logo entramos nunha institución entre as librerías: Follas Novas. Alí nos vimos, entre paredes de libros, escoitando a historia viva do libro en Santiago, con libreiros e libreiras que saben do que falan. Tanto nunha como na outra -Kómic, Follas Novas- é fácil ver cando un fala do que lle apaixoa. Grazas a todos pola atención e o interese.
E si, tamén houbo tempo para comer, e deixar 'temblando' as máquinas de xeados e tamén para comprarse algún que outro 'trapito', que o verán está á volta da esquina (ou debería).
10 comentarios:
Ás veces dame a sensaçao de estar nun insti con xeito...será eso posible ou serei un sexismundo da vida?
ESPERO K O PASARADES BEN ...
HAI RAPACES MAIS GUAPPOS K OS DE CAMARIÑAS REFIEROME A O CHICO DE ADIDAS OLE OLE E OLE .............
Se nota que lo pasasteis bien, pena que me pusiera enferma justo el mismo día.
Y África en Camariñas tambien hay chicos guapos eh! jejeje ;)
En 1ºC ninguén quere comentar...
Jajas O do 1ºB Hai que repetilo! E opino o mismo que Ana e os de 1ºC!!! ESPAVILADEVOSS E COMENTADE UN POUCO!!! NN HAI QUE TER VERGOÑA!!! XD
mellor excursion damiña vida e os rapaces mima q guapos pero habia de todo jejeje
Jajja donlle a razon a Claudia excursiob muy guay ;) paseino muy ben comprando comendo ...... Hay q repetir!!!
Eu tamén gocei do día. Gústame aprender en compañía e fóra das paredes do instituto. Admiro comprobar que existen persoas que saben moito (como o dono de Komic) sobre un tema que lles apaixona e conseguen transmitir esas ganas aos que lle escoitan, é un privilexio pasear por Composrtela rodeada de boa xente, reirme e cansarme con persoas ás que aprecio. É unha pena que non puidésemos realizar estas actividades máis a miúdo, é unha forma de aprender máis divertida e máis conectada coa realidade que a que normalmente realizamos. Grazas a todas e todos por este día diferente rodeado de "letras" e risas.
Moi interesante e moi entretida esta excursión que sen dúbida repetiría!
podese dicir que foi un día diferente onde o pasei xenial... Lástima que non dera tempo para máis e o malo é que foi a miña última excursión :( pero bueno, se me invitades e podo estarei aí :))
Sii tes moita razon Silvia e e un pracer estar cntigo cn Emilio etc sodes xeniales jejeje(: Emilio pon algunha foto da excursion jeje Queresevos profes(: Fixemos ben silvia descansar de 1-A jejeje
Publicar un comentario