Ou
polo menos eso dí o calendario! Pero si, seguro que chegará a calor, a
praia, os baños e as festas. E seguro tamén que no medio de todo isto
moitos atoparedes tempo para ler aquelo que non puidéchedes ler durante o
curso. Eso din os andeis da biblio, que quedaron medio espidos os
pobres, ou mellor dito: os afortunados, que quedar así cando a xente
leva libros, é o mellor que lle pode pasar a un andel de biblioteca!
Algo axudou o tempo no remate de curso, xa que aínda que non houbo sol,
permitiunos celebrar xogos ao aire libre e pasalo ben: pouco precisamos
cando estamos ben e a gusto, como ese día:
Unha despedida especial para os 'avós e avoas" de 4º, que andaban ese día de cruceiro polo Mediterráneo adiante. Ímolos botar moito de menos, que lles temos collido moito cariño. Queremos velos aparecer de cando en vez por aquí e que nos conten como lles vai, que vai ser que ben! Lembrade que tedes carné da biblio para 20 anos, así que... esperámosvos!!
5 comentarios:
Gustoume moito, esto é unha graduación e non o modelo made in USA que empeza a proliferar pola nosa costa adiante.
E o detalle dos "duran-duran" un puntazo... hai que recoñecer que Pablo, cando quere, é un crack!
Visto así apetece volver atrás! Grazas a Emilio, que sempre está aí para que quede constancia dos momentos máis importantes. E por suposto, grazas tamén a todos/as (alumnado e profesorado) que fixeron posible que este día fose moi agradable e divertido. Felices vacacións!!!
Estubo ben, fui unha boa forma de acabar o curso.
como o pasades ben jejej ken me dra estar ahi outra vez.Doulle uns anos pa atras e xa eston con vos jejej estuudade moito non foljades moito coma min estudade pk ahora fai falta o titulo para calkera cousa.
Mima e nn se acababa o do aro eeee
Publicar un comentario