23.10.13

Que medo me das!!

Xa temos aquí o Samaín (ou Halloween) e temos tamén o Certame de Micro-relatos de medo. Este ano, curiosamente, temos máis de 2º ciclo que do primeiro. Será que os novos teñen poucas gañas de obter premios!
Tedes 30 relatos 30 (coma nos touros) para escoller aqueles que máis "horrorosos" vos parezan. Lástima de dous deles, que non cumpriron as bases e non poden optar ao premio!
Os escritores/as en castelán e outras linguas foron máis "tímidos/as" que outros anos (coa ilusión que lle facía a Dan). Seguro que o próximo ano teremos máis valentes/as.
 Logo do relato Nº 30 tedes un enlace para unha enquisa (e tamén na barra lateral do blog) na que podedes marcar un máximo de tres relatos. O que obteña máis votos será o vencedor  e obterá o "Premio do público". Aquí están os relatos, que pasedes moito medo!!:

3 comentarios:

chispum dijo...

Pode que non cheguen a ser como a señora Munro (nin a nai do Harry!), pero eu lles noto a algúns un toque interesante...noraboa a todos os que participaron!

Pena que Dan e María José teñan tan pouco traballo!!

Caperucita lila dijo...

Pareceme ke ton recibindo moitos votos gracias a todos por voterme espero gañar jajaja bikos!! ;)

Érica dijo...

Hoooola, son Érica :) pásome por aquí e comento aquí xa que non sabía donde, para ensinarvos o video da excursión do Crucero que fixemos en 4º da ESO, xa que penso que estaría ben que o vexades. Un bico e saúdo a todos os profes! http://www.youtube.com/watch?v=2Y99QRA1ODo