25 de novembro
Día Internacional contra
a violencia de xénero
PERIGOSO RETROCESO
Ao mellor moit@s credes que o machismo é cousa do pasado, pero estudos recentes demostran que o machismo está medrando entre @s adolescentes:
Un 10,5% das mozas de 14 a 19 anos recoñecen que foron maltratadas polos seus noivos, un 6,2% din verse obrigadas a prácticas sexuais que non desexaban, un 14,6% foron ameazadas polas súas parellas até sentir medo e un 23,2% foron insultadas e ridiculizadas.
Un 36,3% pensa que os celos son unha expresión de amor, o 11,7% dos mozos cren que está ben que os homes saian con moitas mozas, pero non ao revés. Unha de cada catro mozas afirma que o seu noivo a controla a través do móbil. Hai moitas formas de facelo: “envíame un WhatsApp cando chegues”,”faime unha videochamada”, “pon o localizador”…
Un consello: Non dar as claves de acceso ás redes e non enviar fotos que, cando a relación se torce, poden ser mal utilizadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario